4 ene 2017

MAGOSTO 2016 E ANIVERSARIO DE JAIME


Por fin a mediados de Novembro  puidemos celebrar o esperado magosto xa que o tiveramos que aplazar polas inclemencias do tempo.
O Magosto é a festa de exaltación da castaña que leva asociados moitos elementos presentes en diversos ritos e tradicións da nosa comunidade.
Os nenos e nenas de cuarto subimos por segundo ano camiñando ata o Monte da Valga, onde pasamos un día redondo.Coincidía co aniversario de Jaime, así que era outro motivo máis de celebración.
Fixemos cabanas; buscamos paos e frume para acender o lume para asar as castañas;xantamos todos xuntos e cantámoslle a Jaime o "Cumpreanos Feliz"( aínda que hoxe non nos trouxo a tarta, levouna para o cole dous días despois. As dúas e media voltamos de novo camiñando para o cole.

Marisa Villada de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

No hay comentarios:

Publicar un comentario